A POBRA> Xa está en marcha a programación do Verán Cultural para que os pobrenses poidan gozar dunha ampla oferta de actividades ó aire libre. Música, baile, teatro, maxia e diversos espectáculos para todo tipo de públicos.
Máis de 20 actividades integran a programación do Verán Cultural da Pobra que arranca este sábado co encontro de música e baile tradicional. Dende entón e ata finais de agosto, desenvolveranse en diversos espazos ó aire libre da vila todo tipo de espectáculos.
Ademais do público infantil, ó que vai dirixida parte da programación, haberá espectáculos de animación de rúa, cine, canto e baile e diversos concertos como os The Rapants ou Fillas de Casandra.
A programación conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.