Pesar en Rianxo polo falecemento de Felipe Ordoñez

    RIANXO> Rianxo despedirá mañá con pesar a Felipe Ordóñez. O que fora durante dúas décadas presidiu a Asociación Rianxeira de Empresarios, faleceu na súa vila natal ós 83 anos de idade. Cargo que compatibilizou con postos de diversa responsabilidade na Federación de Empresarios do Barbanza. Precisamente estes días, cúmprense tres anos desde que anunciara que deixaba a patronal rianxeira. Felipe Ordóñez rexentou durante anos unha ferraxería e un negocio de revestimentos. Os seus restos están sendo velados no tanatorio de Rianxo, ata onde se achegaron ó longo do día de hoxe a numerosas persoas para mostrar os seus respetos á familia e amigos. O corpo do empresario partirá do tanatorio mañá ás once da mañá para o funeral e posterior enterro, no cemiterio parroquial de Santa María de Asados.