Falece un octoxenario pobrense a consecuencia dun incendio na súa vivenda

POBRA> Todo apunta a que a vítima, que residía na rúa da Igrexa, faleceu debido a unha inhalación de fume. Ó parecer o lume iniciouse ó redor das seis desta mañá. Foron os propios veciños da vítima os que alertaron ós equipos de emerxencias, que rápido se trasladaron ó lugar, sendo ademais os primeiros en iniciar os labores de extinción do incendio. Ademais de efectivos do parque de bombeiros de Ribeira e de Boiro, ata o lugar do suceso achegáronse tamén efectivos da Policía Local e de Protección Civil, así como tamén Garda Civil. Precisamente membros da policía xudicial encárganse agora da investigación. As primeiras hipóteses apuntan a que o octoxenario, que vivía só na vivenda, puido falecer a consecuencia da inhalación do fume orixinado no incendio.