Comezan as obras do novo campo de fútbol de Ponte Sampaio

Pontevedra> Hoxe comezaron as obras do novo campo de fútbol de Ponte Sampaio. Uns traballos que terán un prazo de execución de 6 meses e cun orzamento próximo a 1,2 millóns de euros. Dende o concello estiman que entre decembro e xaneiro estará rematada esta infraestrutura, e será a partires de entón, cando se continúe co proxecto establecido para esta zona de Pontevedra.

Esta mañá comezaron os traballos para a construción do novo campo de fútbol en Ponte Sampaio. Uns traballos realizados pola empresa Ediserpo por un orzamento de preto de 1,2 millóns de euros. Trátase dun proxecto moi importante e moi demandado e agardado polos veciños da zona.

Será un novo campo que contará cunhas dimensións homologables e con toda clase de servizos.

Os traballos que comezaron hoxe terán un prazo de execución de 6 meses, co cal dende o concello agardan que molesten o menos posible de cara o inicio do curso escolar, posto que eo campo está xusto enfronte do ceip de Ponte Sampaio.

Uns traballos que dende o concello agardan ter rematados entre decemebro e xaneiro, unha vez finalizado o novo campo procederase ao derrube do actual e á ampliación da praia fluvial e o espazo de lecer nesta parroquia pontevedresa.