A Deputación presenta o seu plan de melloras para os espazos públicos

Pontevedra>Dende a Deputación de Pontevedra anunciaron esta mañá o plan de melloras de espazo públicos da provincia. Unha iniciativa que ten como fin mellorar a estética e poñer en valor o traballo que realizan dende a Escola de Cantería ou a estación fitopatolóxica de Areeiro. 23 concellos están interesados neste plan, pero a presidenta xa a anunciou, que o prazo segue aberto para os municipios interesados. A presidenta da Deputación presentou esta mañá o novo plan de melloras de espazo públicos que lanzan dende o Goberno provincial. Un plan que ten como fin melloras a estética, os parques e os xardíns dos concellos da provincia. 23 concellos están interesados nesta iniciativa que continúa co prazos aberto para municipios interesados. Na xunta de Goberno provincial tamén se aprobaron as bases para o plan de prácticas laborais na provincia, con 200 bolsas e cun investimento de máis de 2 millóns de euros. Un plan destinado a universitarios e a ciclos formativos. A Xunta de Goberno provincial tamén aprobou novas axudas do Plan Concellos no ámbito da creación de emprego e na liña de amortización e pagamento de débeda. E a maiores deuse o visto bo ao expediente de Depoaventura 2017. Un campamento de verán na Lanzada que conta con 2200 prazas, 300 delas gratuítas, cun investimento de 167 mil euros e que este ano, como novidade, contará por primeira vez con actividades en inglés. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/xgd_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/xgd.mp4{/flowplayer}