PONTEVEDRA> A cidade de Pontevedra entregou esta mañá os seus premios coincidindo coa festividade do seu patrón, San Sebastián.
O narrador e cronista do río Gafos, Calros Solla, na categoría de persoa física, recibía a distinción como defensor da biodiversidade e promotor do patrimonio pontevedrés. Solla subía ó escenario do Teatro Principal xunto ó director do IES Luis Seoane, en representación do centro. O instituto foi o outro agraciado nesta edición, na categoría de persoas xurídicas. O xurado fixo extensiva a mención a todo o barrio de Monte Porreiro, onde se empraza, por ser o motor que impulsou a integración da comunidade e a súa aposta pola educación pública e a innovación.
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores agradeceu ós premiados a súa labor e compromiso coa cidade, porque eles, dixo, contribúen co seu traballo a engrandecela.