Ethel Vázquez cre que é necesario mellorar a rede ferroviaria de mercadorías

PONTEVEDRA> O Parador de Pontevedra acolleu hoxe a XIV edición do Foro Empresa. Un encontro que tiña como obxectivo promover o desenvolvemento económico da cidade e no que participaron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e o vicepresidente da Xunta de Galicia.

Os responsables das principais entidades públicas e privadas da cidade participaron hoxe nun almorzo-coloquio organizado polo Foro Empresa de Pontevedra. Os empresarios, xunto coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e o vicepresidente da Xunta de Galicia afondaron na necesidade de mellorar a rede ferroviaria de mercadorías.

Ethel Vázquez aproveitou o acto para mostrar a súa preocupación tras a confirmación do Ministerio de Fomento sobre a falta dun Plan Director do Corredor Atlántico ferroviario.

A conselleira reafirmou a necesidade de estas infraestruturas para que Galicia avance e, por iso, confirmou que a semana que ven terá unha xuntanza en Bruxelas coa Comisión Europea na que se abordará este asunto, así como a estación intermodal de Pontevedra, a variante de Alba ou a situación actual de ENCE.

Comments are closed.