A Conselleira de Política Social supervisa a mellora da accesibilidade en Porto do Son

    PORTO DO SON> A Conselleira de Política Social supervisou o resultado das obras de accesibilidade acometidas en Porto do son. Trátase de catro actuacións que se suman á vintena de proxectos executados en toda Galicia con cargo a esta orde de axudas autonómicas.

    Porto do Son é hoxe un concello máis accesible grazas ó resultado das obras como as que esta mañá supervisou a Conselleira de Política Social. O departamento autonómico investiu preto de sesenta mil euros na mellora da accesibilidade na zona de Coira en Portosín e nas rúas Castelao e Jorge Lorenzo no casco urbano sonense.

    Os proxectos enmárcase nunha orde de axudas convocada por Política Social á que se acolleron dezanove concellos galegos, dotada con preto dun millóns de euros.

    Ademais das actuacións nos concellos, a Xunta aposta tamén por favorecer a accesibilidade nas súas dependencias polo que vén de instalar máis de douscentos pictogramas no edificio administrativo de San Caetano.