A música e o “crowdfunding” inauguran a Semana Cultural do IES de Ribeira

    RIBEIRA> A décimo terceira edición da Semana Cultural do IES Número 1 de Ribeira quedou hoxe inaugurada cunha sesión moi musical. O cantante de Heredeiros, Javi Maneiro, visitou esta mañá ós rapaces para falarlles do seu proxecto de Crowdfunding, e A Compañía do Ruido ofreceulles un concerto.“ O ribeirense Javi Maneiro, e o pobrense Kuervo, ex de Heredeiros da Crus e de Jabón Blue, e De Forraje; son unha boa mostra de que con traballo, talento e esforzo, podes chegar a vivir do que desexes. Aínda que non sempre sexa fácil, e nin sequera, sempre se consiga. É só unha das mensaxes que lles transmitiron esta mañá ós alumnos e a alumnas do IES Nümero 1. A charla concerto foi unha das actividades coa que comezou esta Semana Cultural no instituto ribeirense. O cantante explicoulle ós alumnos como a través dunha campaña de crowdfunding,ou micromecenado, na que o instituto tamén participou, conseguiu sacar adiante o seu primeiro disco en solitario. Nos 40 días que durou a campaña de Crowfunding, a través da plataforma Verkami, Maneiro logrou 10.000 euros cos que financias a preprodución, grabación, mezcla e masterización do seu primeiro disco “Furtivos”. Poderemos gozar en directo deste primeiro traballo en solitario o próximo 29 de abril, en directo, na súa estrea na compostelá sala Capitol. Do que pudieron gozar hoxe en directo estes estudantes foi tamén da música doutro grupo da comarca, os ribeirenses A Compañía do Ruido e o seu novo traballo “12 meses, 12 punchis”.