O Rally París Dakar puxo o broche final ó entroido de Noia

    NOIA> Esta fin de semana o Barbanza despediu o entroido por todo o alto, coa cita estrela do carnaval de Noia: O Rally Paris Dakar. O desfile percorreu o venres á noite a vila noiesa, tras ser aprazado pola chuvia a semana pasada. Carrozas, comparsas e disfraces individuais demostraron que o Rally é un dos concursos con máis nivel da comarca. Por algo é o momento máis agardado do entroido noiés. O Rally París Dakar, non defraudou un ano máis e convertiu a vila este vernes á noite nun espectáculo de creatividade, diversión, talento e fantasía. Este ano fíxose agardar un pouco máis, debido á chuvia do venres anterior, pero sen dúbida a espera mereceu a pena. O tempo acompañou e Noira era unha auténtica festa. Máis de mil persoas desfilando, unhas con moitos horas de traballo detrás, outras con coreografías de auténticos profesionais, algunas facéndonos a competencia….e todas coa ilusión e as ganas de troula que acompañan sempre ó entroido. Moitas horas invertidas, e por iso, aínda que o importante era a festa, e que a xente desfrutara deste broche final do entroido en Noia, non había que esquecer o concurso. 17 comparsas chegadas de distintos puntos de Galicia e todas cunha gran calidade, a decisión estaban complicada. Finalmente,o primeiro premio levouno a comparsa levouno Estrelas da Noite, a prata foi para ciclón e os seus reloxos, e o terceiro premio dividiuse ente a Asociación Folclórica Xirandaina e a comparsa Os da Caña. O premio especial á simpatía foi para o grupo muradán A Rueirada Umoja polo espectáculo o espírito da tribo. Pero o mellor aliciente para comezar a traballar xa na próxima carroza é, por suposto, a ilusión da festa máis divertida do ano.


    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/13/festival_entroido_rally_noia_130320171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/13/festival_entroido_rally_noia_13032017.mp4{/flowplayer}