Tarde ‘movida’ nas piscinas naturais do río Pedras

POBRA>  Os equipos de emerxencias tiveron que acudir ata en dúas ocasións a auxiliar a excursionistas que se atopaban na zona. Un deles ademais de gravidade, que fixo necesaria a intervención do Pesca I.

Ata en dúas ocasións tiveron que acudir os equipos de emerxencias á zona das piscinas do río Pedras. A primeira ademais de consideración debido á caída dun mozo de Oleiros por un barranco duns quince metros, aproximadamente, o que lle causou diversos politraumatismos.

Debido a que a zona na que se atopaba o ferido era de difícil acceso foi necesaria a intervención do helicóptero Pesca I que se encargou de trasladalo ó hospital da Barbanza.

Pero este infortunio non foi o único. Horas máis tarde os equipos de emerxencia tiveron que regresar á zona para auxiliar a outra persoa. Neste caso unha muller que rompeu un nocello.

Cos dous sucesos de onte á tarde, xa son un total de sete os rescates que se levan rexistrado no que vai de ano no entorno do río Pedras.

Cada vez son máis as persoas que se achegan ata este enclave singular das piscinas naturais, pero a maioría delas descoñecen os perigos que poden existir e cométense numerosas imprudencias, que en moitos casos acaban cun resultado tráxico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí