As confrarías arousás buscan alternativas ó libre marisqueo que bota o peche este mes

    POBRA> Balance irregular da campaña de libre marisqueo que toca á súa fin este mes de marzo. Se ben os tres primeiros meses resultaron bastante rendibles, a caída da produtividade nesta recta final deixou un sabor agridoce entre os profesionais. A piques de pechar a campaña de libre marisqueo na ría de Arousa ós profesionais fan unha valoración moderada do actual exercicio. Arrancou ben con capturas aceptables entre outubro e decembro. Sen embargo, no que vai de 2017, o descenso da produción fai que o balance non supere o aprobado. Así as cousas, varios patróns maiores traballan xa na elaboración dun plan conxunto a presentar ante o goberno autonómico para incrementar os controis nos puntos de pesado e descarga. Unha vez pechado o libre a finais deste mes tocará volver as concesións propias de cada confraría. Na Pobra prevén abrir a campaña de cara ó mes de maio. De momento, non teñen realizado mostraxes pero as perspectivas non son moi optimistas debido á falla de rexeneración e ós escasos terreos con que conta o pósito. Esta situación volve poñer sobre a mesa a demanda histórica da confraría pobrense sobre a titularidade de parte do banco de Cabío, reclamada por este pósito barbanzán dende hai anos.