O PP denuncia pintadas na súa sé

PONTEVEDRA> Desagradable sorpresa a que se atoparon esta mañá os dirixentes do Partido Popular de Pontevedra. Os cristais da súa nova sé amencían hoxe con varias pintadas con insultos, ademais doutros ataques ao local. Os feitos xa foron postos en coñecemento da Policía.

 

Esta mañá os dirixentes do Partido Popular foron recibidos na súa sé por insultos. Os cristais da fachada amencían con varias pintadas.

Pero a pintura non foi o único. Os vándalos tamén deixaron lixo e ouriñaron na porta da nova sé do Partido Popular local, situada na rúa Palamios.

Moreira insistiu en condenar este tipo de actos vandálicos que, asegurou, non van amedrentar á súa formación.

Os populares xa puxeron os feitos en coñecemento da Policía.