Pontevedra pon o foco sobre o papel dos homes na eliminación das violencias machistas este 25N

PONTEVEDRA> ‘Depende de ti, depende de nós’ é o lema que este ano englobará as actividades do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller en Pontevedra. Nesta edición porase o foco no negacionismo entre os homes novos. Tamén na súa responsabilidade para rematar coas violencias machistas facendo fincapé en que se trata dun problema estrutural no que non son os únicos culpables.

Este 25 de novembro, o concello de Pontevedra quere poñer o foco sobre o papel dos homes na eliminación das violencias machistas.

‘Depende de ti, depende de nós’ é o lema do programa deseñado pola concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller. Volverán o obradoiro Namórate de Ti, os Faladoiros Feministas na Casa das Campás ou o despregue dunha pancarta reivindicativa na Casa da Luz. Tamén se deseñou unha potente campaña gráfica nas rúas e edificios públicos.

A lectura do manifesto polo Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres no pleno municipal será o 21 de novembro a cargo da xornalista e escritora Montse Fajardo. O acto da campaña Mulleres en Acción Violencia Zero será o colofón da programación, que se completará con actos e manifestacións convocados polo movemento feminista.

Un cinefórum e coloquio sobre o documental ‘Onde máis doe’, o acto de entrega do Premio Ernestina Otero Sestelo 2022 e un Obradoiro de Autodefensa para mulleres en situación violentas, son outras das propostas da programación pontevedresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí