Ponte do Burgo, Gorgullón, Virxe do Camiño e Cruz Vermella en execución no 2018

Pontevedra> O concelleiro de Mobilidade en Pontevedra anunciou esta mañá que as obras planificadas para o Ponte do Burgo, Virxe do Camiño, o Gorgullón e Cruz Vermella estarán en execución no vindeiro ano. Luís Bará dixo que se tratan de proxectos moi importantes para a capital de provincia e que apostan polo modelo de cidade pontevedrés. O concelleiro de Obras e mobilidade da cidade dixo esta mañá que a praza do Hospital Provincial estará rematada neste mes de marzo. Ademais Luís Bará deu conta da orde do día na comisión de mobilidade, onde se rexeitou a moción de Ciudadanos onde solicitaba unha mellora no contorno do Centro Rexurdir, xa que segundo Bará do que se trata é dun rexeitamento encuberto a este centro. Outra das mocións que se rexeitou é a Do grupo Marea a favor do uso exclusivamente sanitario do Hospital Provincial. En relación as obras planificadas polo concello para o Ponte do Burgo, Virxe do Camiño, o Gorgullón e Cruz Vermella, o concelleiro dixo que se licitarán neste ano e que estarán en execución no vindeiro 2018. Luís Bará dixo que se tratan de proxectos moi importantes para a capital de provincia, onde o peón terá un gran protagonismo coa plataforma única nunha parte de Loureiro Crespo e tamén da parte final de Virxe do Camiño. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/14/mobilidade_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/14/mobilidade.mp4{/flowplayer}