PONTEVEDRA> Pontevedra leva tres meses sen feira ambulante pola terquedade do goberno municipal. Esta é a valoración que fai o Partido Socialista do conflito aberto entre o concello e os vendedores. Consideran que apostar pola avenida de Bos Aires como emprazamento é absurdo. Ademais de ser unha localización que rexeitan os feirantes provoca, aseguran, importantes colapsos do tráfico.
O Partido Socialista de Pontevedra critica a escolla da avenida de Bos Aires como localización para a feira ambulante.
Puentes asegura que o informe no que o goberno local baseou a súa decisión de trasladar a este punto o mercado é político. Contradicindo o discurso do executivo, que sempre apuntou a cuestións técnicas.
Ademais da oposición dos vendedores, que insisten en montar os seus postos na Alameda, o voceiro socialista destacou as alteracións no tráfico que provoca a localización da feira neste punto.
Por todo isto, Puentes sixe ao goberno local que rectifique e permita que a feira se instale na Alameda. Localización que, asegura, conta co apoio da maioría da poboación e da corporación municipal.











