Obraodiros para economizar a lista da compra na Casa Azul

Pontevedra> A Fundación Amigos de Galicia impartiu esta mañá un curso de Economía Doméstica e Cociña. Un evento no que participaron máis de 80 persoas usuaruas dos servizos sociais do concello de Pontevedra. O fin desta iniciativa é axudar a levar a cabo unha boa organización do orzamento familiar e técnicas de aforro á hora de ir a realizar a compra. Hoxe e mañá a Casa da Luz en Pontevedra acolle un curso de Economía Doméstica e cociña para máis de 80 persoas usuarias dos servizos sociais do concello de Pontevedra. O fin é que a través deste obradoiro os asistentes poidan coñecer de qué maneira realizar a lista da compra e cómo aforrar no seu día a día na compra dos seus produtos necesarios. Dende o concello tamén colaboran con esta iniciativa que organizan dende a Fundación Amigos de Galicia. Xa que ademais este cursiño se desenvolve nas cociñas da Casa Azul. Un cursiño que se complementa cunha clase de cociña na que os asistentes aprenderon distintas receitas a través dos alimentos que a entidade lles entrega mensualmente. Unha clase práctica impartida por Francisco Corral, propietario do restaurante Veiramar en Arcade. Este obradoiro se enmarca dentro do Plan de Cobertura de Necesidades Alimenticias e outras necesidades que a Fundación Amigos de Galicia leva a cabo en máis de 100 concellos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/14/obradoiro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/14/obradoiro.mp4{/flowplayer}