Arela presenta un novo programa de sensibilización para adolescentes con dificultades

PONTEVEDRA >  A Asociación Arela está levando a cabo unha nova iniciativa, Convive Comigo, que ten como obxectivo a inclusión de adolescentes con sentenzas xudiciais. O proxecto, que comezou o ano pasado, demostra que as segundas oportunidades son posibles.

A Asociación Arela puxo en marcha, en convenio coa Consellería de Política Social, un programa de captación, formación e seguimento de persoas e familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir cunha medida xudicial concreta.

Os requisitos básicos dos que parten son, entre outros, ser maior de idade, ter estabilidade emocional e económica, unha vivenda adecuada e dispoñibilidade horaria.

Ofrecen formación en función das necesidades de cada persoa ou grupo familiar e asesoramento por parte de profesionais que os guían para saber como desenvolverse en cada momento.

Para máis información acerca do programa, pódese consultar a súa páxina web: www.arela.org onde tamén están dispoñibles o correo electrónico e o teléfono de contacto.