O Mareantes inaugura a súa carpa de San Patricio

Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurada a carpa de San Patricio que un ano máis achegan dende o Mareantes Club de Rugby de Pontevedra. Na praza de España, dende hoxe e ata o domingo, poderán desfrutar dunha ampla oferta gastronómica e musical, e como non, de moita cervexa branca, tostada ou negra. As doce e media desta mañá quedaba inaugurada a carpa do San Patricio que como cada ano organizan dende o Club Mareantes de Rugby. Unha cita moi importante para a economía deste equipo pontevedrés. Unha carpa onde poderán gozar dunha ampla oferta gastronómica…. E tamén de moita música Todo coas mellores cervexas e con prezos moi económicos, a pinta rubia a 3,5 e a negra e tostada a 4 euros. Así que xa o saben todos convidados a pasarse por esta carpa de San Patricio. O lugar a Praza de España, o horario de doce e media da mañá a doce e media da noite ininterrompido, a cociña non pechará as súas portas en todo o día. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/15/san_patricio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/15/san_patricio.mp4{/flowplayer}