Pontevedra, capital galega do emprendemento coa Pont-Up Store

PONTEVEDRA> Chega a Pontevedra unha nova edición da Pont-up Store. A Praza de España converterase o vindeiro mes de setembro no maior espazo de emprendemento de toda Galicia. Un evento que mostrará arredor de 50 proxectos innovadores e de gran calidade.

O impulso da xente valente”, ese é o lema da nova edición do Pont-Up Store. Un espazo de referencia do novo emprendemento de Galicia. Este ano, para participar hai tres modalidades: os stands, as actividades demostrativas e o Puntazo Exprés.

En total serán 50 as propostas emprendedoras que se presentarán neste evento. Dos proxectos que xa se presentaron, a organización destaca a variedade e a mellora na calidade.

Entre as novidades deste ano, destaca a creación dun laboratorio de emprendemento rural, as diversas propostas arredor dos videoxogos e as actividades destinadas aos emprendedores sénior. A sexta edición do Pont-Up Store se desenvolverá do 19 ao 21 de setembro e está aberta a todo a cidadanía, porque é, sen dúbida, o mellor escaparate do talento galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí