Dende setembro os grupos do concello non acordaron o cambio do día do pleno e as limitacións nas intervencións

Pontevedra> Dende as filas populares de Pontevedra criticaron esta mañá que o concello non modifica o regulamento plenario, algo do que leva falando dende setembro do 2016.Pola súa banda, dende o Goberno Local dixeron esta mañá que dita modificación non sería necesaria, soamente precisarían un acordo. Raimundo González dixo que, para chegar a ese acordo, precisan as propostas dos partidos, e de momento, non recibiron ningunha. O vindeiro luns 20 de marzo haberá pleno da corporación Local. Moito se leva falando nos últimos meses da modificacións do regulamento, que suporía un tempo limitado nas intervencións e tamén o cambio na convocatoria. Pasaría a ser o antepenúltimo venres de cada mes,ou o que é o mesmo, o segundo venres de mes. Dende as filas populares criticaron esta mañá que o concello non se poña a traballar nesta modificacións. Pola súa banda, dende o Goberno Local, insistiron que non é necesaria unha modificación do regulamento, sería suficiente cun acordo entre os partidos, e que o que están agardando dende o Goberno é que os partidos presenten as súas proposta, cousa que de momento non fixeron. Con todo, o pleno celebrarase neste mes o luns 20. Na orde do día van 4 mocións do PP e unha pregunta a concelleira de Deportes centrada no retraso da licitación das piscinas de Campolongo, nese pleno tamén o PSOE levará 4 mocións, dúas de Marea e unha do BNG. Un pleno no que tamén se dará conta da liquidación do orzamento do 2016. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/15/xunta_voceiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/15/xunta_voceiros.mp4{/flowplayer}