O BNG esixe ó concello da Pobra o seu apoio á Plataforma de Vítimas do Alvia

    POBRA> O BNG da Pobra vén de presentar unha moción para solicitar o apoio do concello á plataforma de vítimas do Alvia 04155. Os nacionalistas piden que se abra unha comisión en sede parlamentaria para depurar responsabilidades políticas pola traxedia ferroviaria na que faleceron 80 persoas en 2013. O Bloque Nacionalista Galego da Pobra presentou esta mañá no rexistro do concello unha moción, para debate e votación no vindeiro pleno, sobre a necesidade de ofrecer apoio expreso á plataforma de vítimas do Alvia. Unha plataforma creada por vítimas a familiares do accidente de tren de Angrois en xullo de 2013 que acabou coa vida de 80 persoas e provocou máis de 140 feridos.Desde o BNG asegúrannos que o ano pasado a plataforma pediu o apoio ó goberno local da Pobra, e ante a falta de resposta, acudiu ó BNG do municipio para conseguir ese respaldo. Ademais, desde o BNG pobrense, consideran que as reivindicacións da plataforma cobran aínda máis sentido se cabe tralas últimas novas, coa solicitude de imputación ó xefe de seguridade de Adif por 80 supostos delitos de homicidio. O BNG considera que é de xustiza mostrar o seu apoio e ser a voz da plataforma das vítimas do Alvia, máis aínda cando a actualidade volve poñer enriba da mesa a necesidade da creación desa comisión de investigación.


    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/15/bng_pobra_apoio_plataforma_angrois_150320171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/15/bng_pobra_apoio_plataforma_angrois_15032017.mp4{/flowplayer}