LOUSAME> Entre as actuacións previstas atópanse o acondicionamento dos camiños de Seoane a Cerquides e de Silvarredonda a Froxán. O concello de Lousame vén de sacar a licitación as obras de arranxo do camiño entre Seoane e Cerquides, así como a mellora do camiño entre Silvarredonda e Froxán e os accesos a Fontefría. Dous proxectos nos que se investirán máis de 151 mil euros. As actuacións poderán licitarse nas próximas semanas grazas á aprobación dun expediente de modificación de crédito aprobada na última sesión plenaria do pasado mes de febreiro, ó tratarse de obras financiadas ó abeiro do Plan de Aforro e Investimento da Deputación, PAI 2016.
Inicio Barbanza - Muros - Noia