Amicos tinguirá de azul os comercios do Barbanza polo Día Mundial do Autismo

BARBANZA> A Asociación Amicos presentou esta mañá a campaña que vai a levar acabo con motivo do Día Mundial do Autismo. A entidade vestirá de azul tódolos comercios e establecementos da comarca para o que conta coa colaboración de tódalas asociacións de empresarios da zona.

O próximo día 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo: Como vén facendo dende hai varios anos, Amicos pretende novamente darlle unha visibilidade especial, ó ser un día moi destacado para o labor da entidade. Por esta razón porán en marcha varias iniciativas que terán na cor azul a súa máxima expresión, ó ser esta a cor que representa ó autismo.

Ademais dos concello, para levar a cabo esta campaña Amicos conta co apoio das asociacións de empresarios da zona.

Amicos entregará tamén a tódolos comercios participantes na campaña unha guía de pictogramas para que poidan adaptar cognitivamente os seus establecementos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí