Dende o Espazo Arroelo buscan “internacionalizar” este coworking ao longo do 2018

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra visitou nesta xornada o Espazo de coworking Arroelo. Un lugar conformado por máis de 60 persoas e que teñen como fin a internacionalización dos seus proxectos dende a Boa Vila. Un espazo que, segundo o alcalde, deixa patente que dende Pontevedra se poden abrir numerosas fronteiras internacionais.

O alcalde de Pontevedra visitou esta mañá o Espazo de Coworking Arroelo. Un lugar onde se traballa coa mesma filosofía que ten o Goberno Local para a cidade. Abrir a Boa Vila para o mundo e dende este punto do mapa.

Un espazo que amosa que hoxe en día se pode traballar de xeito internacional dende calquera punto do mundo, sen necesidade de vivir noutros espazos.

Un espazo que naceu hai catro anos e medio, por aquel enton, eran 5 as persoas que formaban parte desta iniciativa, hoxe son 60 persoas con 7 nacionalidades diferentes. Son moitos os que elixiron Pontevedra para exercer a súa labor profesional.

Un espazo onde ademais dos presentes neste lugar tamén conta con socios.

Dende este Espazo Arroelo, situado na rúa Michelena, podemos atoparnos profesionais e empresas de todo tipo.

E pese a que son moitos dende este espazo din que sempre hai espazo para 10-15 persoas máis. Trátase dun lugar rotativo, son contratos mensuais, así que se están buscando un lugar onde situarse na Boa Vila quizáis atopen a solución neste Espazo Arroelo.