PONTEVEDRA> En Pontevedra, os comerciantes tratan de adaptarse as novas restricións. A meirande parte deles non comparten a decisión de adiantar o horario de peche pero entenden que é necesario tomar novas medidas. Un sentimento que se palpa tamén entre os viandantes.
A decisión de adiantar o horario de peche de todos os comercios non esenciais, sentou como un xerro de auga fría entre os empresarios pontevedreses. Aínda que todos entenden a necesidade de tomar novas medidas, a meirande parte deles non comparten a solución imposta pola Xunta.
As novas restricións entrarán en vigor esta madrugada e moitos non saben aínda como organizarán os seus comercios.
Na rúa, o sentimento é similar que nos comercios. A meirande parte dos pontevedreses cren que era hora de tomar novas medidas, pero non entenden o adianto do horario de peche dos establecementos.