A velada de boxeo consolídase en Ribeira coa súa quinta edición

    RIBEIRA> O polideportivo da Fieteira acollerá o sábado 25 de marzo a Quinta Velada de Boxeo organizada pola Escola ‘El Canario’ e o concello de Ribeira. Esta cita contará coa presenza de destacados deportistas a nivel galego así como seis representantes do equipo local. Con esta, xa son cinco as veladas que vén organizando a escola de boxeo ‘El Canario’ en colaboración co concello de Ribeira. O sábado 25 de marzo, ás dez da noite, arrancará na Fieteira o primeiro dos oito combates que se desputarán nesta quinta edición. Destaca a ampla participación do equipo local con seis deportistas. Os insteresados en asistir poden adquirir xa as entradas en diversos establecementos comerciais de Ribeira: Podium Sport, La Bodega e o ximnasio Natural Sport. Se optan pola venda anticipada aforrarán un euro con respecto ós presos en taquilla que son de dez euros silla e oito en grada. Os organizadores agardan superar os cincocentos asistentes.