Feijóo solicita a transferencia do Pazo de Lourizán

Pontevedra> O presidente da Xunta tamén falou sobre o Pazo de Lourizán e a planta de biomasa de ENCE. Feijóo cree que é necesario que o antes posible a Deputación lle transfira a xestión do Pazo á Xunta. E en relación ao proxecto de ENCE, o presidente ten claro que realizarán un plan sectorial para que Pontevedra conte con esa planta de biomasa. Ao presidente da Xunta de Galicia sorpréndelle que a Deputación de Pontevedra non queira investir nin un euro na rehabilitación do Pazo de Lourizán nin lle transfira esta propiedade á Xunta co fin de que dende o Goberno Galego executen esta necesaria rehabilitación. En relación á planta de biomasa o presidente ten claro que se debe de quedar en Pontevedra é que dende a Xunta farán todo o posible para que así sexa. Feijóo criticó a actitude do concello en relación á autorización para esta planta e tamén dixo que se Pontevedra non se poñen as pilas dende a Xunta realizarán un plan sectorial. En relación ao futuro candidato por Pontevedra dixo que este será un tema que seguirán, analizarán e decidirán dende a capital de provincia. Feijóo dixo que o PP e un partido democrático cun proxecto común. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/feijoo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/feijoo.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí