O alcalde recibe a visita dos máis pequenos do SEK

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra tivo unha reunión especial nesta xornada. Os alumnos de primeiro de educación infantil visitaron as instalacións do concello e tiveron a oportunidade de falar co alcalde. Lores faloulles sobre as similitudes que hai entre un cole e un concello e tamén respostou a todas as preguntas que, estes pequenos xornalistas, tiveron nesta xornada. Os alumnos de 3 e 4 anos do colexio SEK tiveron a oportunidade de coñecer esta mañá o concello de Pontevedra e de falar co alcalde. Lores explicoulles en primeiro termo como funciona a administración que él dirixe. Ademais o alcalde tamén lles respotou as preguntas que estes pequenos xornalistas tiveron nesta xornada… a primeira como se arranxan unha estada en mal estado? E outra das preguntas que lle fixeron é coñecer cal é o libro preferido do alcalde que non se amosou moi concreto na súa elección. Unha mañá diferente para estes pequenos que estiveron de visita no concello de Pontevedra. Unha xornada onde ademais o alcalde lles agasallou a cada un cun puzle dos Bolechas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/sek_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/sek.mp4{/flowplayer}