Mario Ayllón gaña o 4º Concurso de sumillería de Galicia

Pontevedra> Mario Ayllón, alumno do centro integrado Carlos Oroza, foi o gañador da 4ª edición do campionato de sumillería “Suso Domínguez”. Unha cita que se celebrou nesta xornada no auditorio do Príncipe Felipe e na que participaron 13 alumnos das Escolas de Hostalería de Galicia, Portugal e Asturias. 9 centros de hostalería galegos, 3 do norte de Portugal e un de Asturias participaron na 4 edición do campionato de sumillería Suso Domínguez. Unha cita que se celebrou no auditorio do centro Príncipe Felipe e que foi organizada polo Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza. O obxectivo desta proba é poñer en valor o servizo de sala e as 5 denominacións de orixe coas que conta a nosa comunidade. O seu director deunos esta mañá as claves para ser un bo sumiller. Dos 13 participantes foi xustamente o que xogaba na casa o gañador deste 4 campionato galego. Mario Ayllón amosábase encantado despois da última proba deste campionato e da súa exposición en público. O xurado deste evento puntúa absolutamente todo na actitude destes estudantes. Dos 13 había algúns do ciclo medio do servizo de restaurante e bar e outros do ciclo superior de dirección de servizos. Mario Ayllón dixo esta mañá que preparar este campionato é moi sacrificado. Despois das 13 exposicións e de que o xurado outorgase o primeiro premio a Mario Ayllón, dende o Carlos Oroza organizaron un xantar cun túnel do viño con referencia da DO Monterrei. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/sumiller_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/sumiller.mp4{/flowplayer}