PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá a súa candidatura para entrar no Eurovelo. Unha rede de 16 rutas ciclistas de longa distancia que unen todo o continente europeo. O itinerario proposto pola institución provincial conta con 303 quilómetros e pasa por 26 concellos entre Tui e Catoira.
Converter a provincia nunha referencia do cicloturismo. Ese é o obxectivo principal desta proposta. A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá a súa candidatura para entrar no Eurovelo. Unha rede de 16 rutas ciclistas de longa distancia que conectan o continente europeo.
A proposta da Deputación consta dun itinerario de 303 quilómetros que pasan por 26 concellos entre Tui e Catoira. Esta ruta pretende ser unha extensión da coñecida como Atlantic Coast.
As repercusións que podería ter a execución desta ruta son diversas pero a principal é sen dúbida a económica.
Unha vez presentada esta proposta agora queda esperar a que sexa aprobada pola Federación Europea de Ciclismo. A Deputación espera coñecer a decisión final no primeiro trimestre de 2020.