O comité de empresa de ENCE considera “inviable”o traslado da pasteira

Pontevedra> Dende o PP de Pontevedra continúan coa súa rolda de reunión con empresarios da cidade, hoxe foi a quenda do Comité de Empresa do Grupo ENCE. O presidente dos populares dixo que o seu partido sempre defenderá o posto dos traballadores e dende o Comité, pola súa banda, dixeron que sempre que se achegan elección utilizan a súa empresa, ENCE, como moeda de cambio.

O candidato e presidente do PP en Pontevedra continúa coa súa rolda de entrevistas e reunións con diferentes empresarios da cidade, hoxe tocoulle o quenda ao Comité de Empresa de ENCE. Con eles, e unha vez máis, Rafa Domínguez, quixo amosar que sempre estará ao lado dos traballadores e da creación de emprego na cidade.

Pola súa banda dende o Comité de Empresa de Ence, dixeron nesta xornada, que a súa empresa sempre é utilizada como moeda de cambio cando hai procesos electorais. Por esta razón piden aos políticos que se preocupen de feitos realmente necesarios como pode ser o paro.

En relación a proposta socialista sobre o traslado de ENCE da ría de Pontevedra dende o Comité de Empresa teñen claro que é algo invisable.

Unha mesa de negociación que soamente é sustentada polo PSOE, dende o resto dos partidos por un motivo ou por outro, non consideran que esa medida vaia a cambiar ou mellorar a situación actual.