O PP esixe ao Goberno un plan de rehabilitación do mercado de Estribela

Pontevedra> Dende o PP de Pontevedra esixen ao Goberno Local un plan de rehabilitación do mercado de Estribela, en Lourizán. Ademais, tamén solicitan do concello, que os novos proxectos que ten postos en marcha para o Gorgullón, Virxe do Camiño, Cruz Vermella e Loureiro Crespo inclúan un carril bici, unha medida acordada no pleno de xaneiro do 2016. Dende o concello anunciaron un investimento de máis de 500 mil euros para a casa da cultura en Lourizán. Unha medida que non comparten nin dende o PP, nin segundo este partido, os veciños da zona. Dende as filas populares cren que se lle debe dar máis valor ao mercado. Por esta razón solicitan que re realice un plan de rehabilitación do mercado de Estribela en Lourizán, un proxecto unido a un concurso público. Ademais dende o PP tamén solicitan do Goberno Local que nos proxectos que estarán en execución no vindeiro ano no Gorgullón, en Virxe do Camiño, EN Cruz Vermella e Loureiro Crespo se inclúa o carril bici, unha medida aprobada en pleno de xaneiro do 2016 co fin de que todas as rúas que teñan vehículos e peóns teñan a posibilidade de contar cun carril bici. Dende o PP tamén celebraron hoxe o anuncio do soterramento da Liña de Alta Tensión de Monteporreiro, unha medida que levarán a cabo dende a Xunta de Galicia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/pp_criticas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/pp_criticas.mp4{/flowplayer}