O orzamento de Pontevedra acadará os 118 millóns de euros coa incorporación de 11 millóns de remanentes

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra incrementa o seu orzamento en 11 millóns de euros. Son cartos que proceden dos remanentes de tesourería das arcas municipais, e que elevan ata os 118,5 millós de euros os cartos dispoñibles para este 2022. Esta contía destinarase a financiar novas actuacións.

O concello de Pontevedra suma 11,2 millóns de euros dos remanentes de tesourería ao orzamento para este 2022. Unhas contas que acadan así os 118,5 millóns de euros.

Os cartos destinaranse a financiar un gran número de actuacións concretas, divididas en seis áreas. No eido deportivo empregaranse máis de 2 millóns de euros cos que se financiarán, entre outras cuestións, as primeiras fase sdo pavillón de Monteporreiro e da nova nave de piragüismo nas Corbaceiras. No da iluminación, continuarase avanzando na renovación LED da rede pública.

Outros dous millóns de euros resérvanse para a renovación de casas da cultura e edificios municipais e tamén se dedicarán partidas para actuacións en infraestruturas viarias no rural e en xardíns e parques infantís. Ademais, 400.000 euros empregaranse na promoción da cidade.

Esta modificación de crédito aprobarase no vindeiro pleno municipal, que se celebrará o 26 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí