Pontevedra> Do 2 ao 7 de xullo o Campo de Fútbol da Xunqueira, en Pontevedra, acollerá o II Campus de fútbol Denis Suárez. Unha cita que contará coa presenza deste futbolista do Fútbol Club Barcelona e que terá como fin que os rapaces se aproximen a este deporte dunha maneira máis profesional. Un campus no que poderán participar pequenas e pequenos de 4 a 14 anos e que terá un custe de 180 euros, cunha rebaixa de 20 euros para o segundo irmán.
Pontevedra acollerá un ano máis o Campus de Fútbol Denis Suárez, unha cita que se celebrará na Boa Vila do 2 ao 7 de xullo no Campo de Fútbol da Xunqueira. Neste evento estará presente, un deses días, o propio centrocampista do Fútbol Club Barcelona. Unha cita que tará como fin, achegar a estes pequenos a este deporte dunha maneira máis profesional.
Denis Suárez amosouse esta mañá encantado de formar parte dunha cita destas características, xa que dixo que el tamén participaba cando era pequeno en Campus así.
Un campus que se celebrará en Pontevedra do 2 ao 7 de xullo, en Vigo na seguinte semana, e en Salceda de Caselas, de onde é Denis Suárez terá lugar paralelamente. Unha cita destinada a pequenos de 4 a 14 anos. O custe deste campus é de 180 euros, con rebaixa na tarifa, de 20 euros, para o segundo irmán.