Os populares da Pobra denuncian a falta de compromiso do goberno local co deporte

    POBRA> O partido popular da Pobra critica a falta de implicación do goberno local co deporte. Denuncia que o concello non mellorou o estado do campo de futbol da Alta porque non quixo, e ademais, bótalle en cara que os clubs municipais levan dous anos sen percibir axudas que están aprobadas. O partido popular pobrense visitou esta mañá o estadio de fútbol municipal da alta, para dar conta do estado lamentable no que se atopa a súa cuberta. Un día despois de que o propio alcalde, acompañado do arquitecto que estuda as posibilidade de rehabilitación ou reforma da estrutura, fixera a mesma visita, os populares queren destacar que hai xa un mes eles presentaran unha moción pedindo a restauración desta e doutras instalacións deportivas. Durán asegura que o motivo que alegou onte o alcalde ante situación, a falta de financiamento para levar a cabo estas melloras, non está xustificado. O voceiro municipal puxo tamén como exemplo da falta de compromiso co deporte municipal, que nos presupostos de 2015 e 2016 están aprobadas as axudas ós clobs deportivos do concello, e estas aínda non foron abonadas ós equipos. O que demostra, segundo os popualres, que o problema non está nos orzamentos, senón na falta de interés polo deporte por parte do goberno local.


    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/pp_pobra_campo_da_alta_170320171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/pp_pobra_campo_da_alta_17032017.mp4{/flowplayer}