O Concello limitará o mercadillo de antigüidades ata que se “legalice e regularice” a súa actividade

PONTEVEDRA> O tradicional mercadillo de antigüedades  non volverá a situarse na rúa Serra. O motivo, a decisión da concelleira de Promoción Económica, Gloria Blanco, de suspender esta actividade pola falta de legalidade. A intención do goberno municipal é regularizar esta situación e buscar unha nova localización que non dificulte, como ata agora, o acceso ao novo Espazo Gastronómico do Mercado. Unha decisión aplaudida e criticada a partes iguais.

Gloria Blanco decidiu retirar o mercadillo de antigüidades da rúa Serra pola falta de legalidade. Segundo a concelleira de Promoción Económica, os vendedores non estaban a pagar ningunha taxa por ocupar este lugar e estaban impedindo o acceso das persoas discapacitadas ao novo Espazo Gastronómico do Mercado. Uns feitos que levaron á edil socialista a suspender a súa actividade ata que se legalice e se regularice esta situación.

A decisión de suspender o mercadillo foi criticada e aplaudida a partes iguais. Por unha banda, o Partido Popular tachou de prepotentes ás declaracións da concelleira socialista. Pola súa banda, o BNG asegura que Gloria Blanco se equivocou á hora de utilizar a palabra “ilegal”.

Anabel Gulías asegurou que a decisión de Gloria Blanco estaba xustificada e meditada pero non entende que o mercadillo ocasionase algún tipo de problema á accesibilidade das persoas discapacitadas. Unhas declaracións que aclarou a edil socialista.

A decisión de suspender o mercadillo parece que si foi ben recibida entre a Asociación de Ambulantes de Galicia, quenes piden que se trate a todos iguais.

Tras manter unha reunión cos voceiros do colectivo de vendedores, Gloria Blanco asegura que permitirá continuar coa actividade só á trintena de persoas que contan coa tarxeta de autorización municipal, e recalca que buscarán, entre todos, unha nova ubicación para o mercadillo de antigüidades.