Pasos Solidarios: a carreira do Colexio Galaxia contra o cancro

    RIBEIRA> O colexio Galaxia de Ribeira presentou o seu proxecto Pasos Solidarios, unha andaina e carreira que percorrerá o concello o próximo domingo día 26. Os fondos irán destinados á Asociación Española contra o Cancro. Terá lugar o domingo 26 de marzo e conta xa con preto de 200 inscritos. Pero quen queira anotarse nestes “Pasos Solidarios”, a andaina e carreira que organiza o Colexio ribenrense Galicia, aínda está a tempo de facelo. Un circuíto urbano de 5 quilómetros, para categorías escolares e absolutas, que destinará os seus fondos á loita contra o cancro. Trátase dun proxecto educativo que busca involucrar ó alumnado no deporte ó tempo que se conciencian da importancia de ser solidarios. Algo que desde o colexio Galaxia procuran cada ano con diversas iniciativas. A presidenta local da Asociación contra o Cancro, mostrou o seu agradecemento ó feito de que este ano decidiran volcarse con esta enfermidade, que por desgraza ten unha incidencia importante na nosa comarca. Tanto a carreira como a andaina terán lugar desde o paso do Touro ata o peirao da Ameixida, unha fermosa zona de Ribeira, polo que ademais de animar a participar na competición, agardan tamén que as familias acudan a apoiar o evento. A carreira terá lugar en Ribeira o domingo 26 de marzo, e poderáse inscribir na mesma a través da plataforma www.CarreirasGalegas.com e na Secretaría do Colexio Galaxia. Os interesados poden anotarse ata o próximo mércores 22 de marzo.


    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/carreira_solidaria_contra_cancro_170320171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/carreira_solidaria_contra_cancro_17032017.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí