A D.O. Rías Baixas inicia a campaña de promoción de 2021 con Rusia ou Taiwan como principais retos

PONTEVEDRA> A D.O. Rías Baixas puxo xa en marcha a campaña de promoción de 2021. Un plan que combinará o formato online co presencial e no que haberá importantes retos. Algúns deles serán os mercados de República Dominicana, Rusia ou Taiwan.

A D.O Rías Baixas inicia a campaña de promoción deste 2021. Faino cun plan de marketing que se adaptará á evolución da pandemia xa que combinará o formato online co presencial.

A campaña promocional da D.O Rías Baixas contará este ano con importantes retos. Entre eles, os mercados de países do Este de Europa, República Dominicana, Rusia ou Taiwan.

Ademais de adaptarse á evolución da pandemia, este plan de marketing tamén dependerá do posicionamento que teñen os viños de Rías Baixas en cada un dos países.

Neste 2021, países como Alemaña, Canadá ou Estados Unidos seguirán sendo os principais destinados de exportación da D.O Rías Baixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí