O pleno non apoia blindar o uso ‘exclusivamente sanitario’ do Provincial

PONTEVEDRA> Que o Hospital Provincial de Pontevedra acolla unha residencia de maiores, é unha idea que non disgusta á maioría da corporación municipal. Esta mañá, os votos de BNG, Partido Popular e Cidadáns botaron abaixo unha moción de Marea na que se pedía que trala ampliación de Montecelo o edificio tivera un uso exclusivamente sanitario. A moción de Marea Pontevedra para que o Hospital Provincial manteña un uso exclusivamente sanitario trala ampliación de Montecelo, non conseguiu os apoios suficientes. Só o Partido Socialista respaldou a proposta. O BNG votou en contra da moción, aínda que intentou introducir unha emenda que finalmente Marea rexeitou. A súa intención era que a proposta incluíra unha posibilidade máis ampla, facendo referencia a usos sociosanitarios. Á posibilidade de acoller máis usos tamén se referiron dende o Partido Popular e dende Cidadáns, que tampouco apoiaron a Marea. Jacobo Moreira aseguraba que será o plan funcional o que determine o destino do edificio. Para María Rey, esta decisión corresponde aos técnicos e profesionais. Iso si, todas as formacións coincidiron en insistir na importancia de que o Hospital Provincial manteña o seu carácter público. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/20/pleno_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/20/pleno_pontevedra.mp4{/flowplayer}