Culler de Pau convertése no primeiro restaurante da provincia en ter o “Selo Revitaliza”

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra premiará a todos os negocios da provincia que composten de maneira responsable o seu lixo orgánico. E para facelo, o ente provincial repartirá o “Selo Revitaliza”. O primeiro en facerse con este distintivo foi o restaurante Culler de Pau.

Premiar e recoñecer a todos os restaurantes e negocios o seu compromiso coa compostaxe. Ese é o obxectivo do “Selo Revitaliza”. Na provincia de Pontevedra hai actualmente 120 establecementos hostaleiros adheridos ao plan da Deputación. Deles, 50 contarán proximamente con este distintivo.

O proceso para facerse con este “Selo Revitaliza” é moi sinxelo. Soamente fai falla un compromiso por escrito, permitir ao persoal técnico entrar nas cociñas do correspondente establecemento e cuantificar a cantidade de residuos orgánicos que se producen diariamente. Unha vez contabilizado, hai que buscar a solución que mellor se adapte a cada negocio ou restaurante.

O primeiro en facerse con este “Selo Revitaliza” foi o restaurante Culler de Pau. O responsable deste negocio converteuse esta mañá no padriño deste programa da Deputación. Javier Olleros explicaba así a importancia de tomar conciencia do sostible.

Olleros fixo fincapé na importancia de desaprender todo o aprendido e de ter conciencia de todas as vantaxes que ten o plan Revitaliza.

Con este Selo Revitaliza, Culler de Pau marca o camiño a todos os negocios e restaurantes da provincia. Un camiño marcado pola responsabilidade e polo compromiso ambiental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí