O PSOE critica o voto negativo do BNG fronte a gratuidade do parking no Gran Montecelo

Pontevedra> O voceiro socialista de Pontevedra criticou duramente esta mañá ao BNG. Os motivos, o voto en contra dos nacionalistas fronte a moción presentada polo PSOE para esixir que o futuro aparcadoiro de Montecelo sexa gratuíto. Agustín Fernández entende que é preocupante a postura do BNG, mentres que os nacionalistas teñen claro que este asunto non está, aínda, en axenda.
O PSOE amosouse esta mañá preocupado e crítico co BNG. O líder socialista da cidade, Agustín Fernández, non entende por qué o BNG votou en contra da moción presentada polo seu partido para esixir que o futuro aparcadoiro de Montecelo sexa gratuíto. Dende o PSOE consideran que o BNG di unhas cousas fronte a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e outra moi distinta dende o Goberno Local.
Fernández di que a postura do BNG amosa que o convenio co Sergas foi apresurado e que deixa entrever posibles acordos que non quedasen por escrito, e que nun futuro, poidan ocasionar máis sopresas.
En relación á esta negativa nacionalista dende o PSOE convocarán unha reunión coa plataforma SOS Sanidade para tratar este asunto, e levarán este tema ao Parlamento galego para que todos os partidos se posicionen respecto á gratuidade ou non do parking do Gran Montecelo.