As ‘Emocións’ de Oswaldo Guayasamín baten conciencias no Museo do Gravado

    RIBEIRA> O museo do gravado á estampa dixital de Ribeira acollerá ata o trinta de abril a exposición ‘Emocións’ de Oswaldo Guayasamín. A mostra, do excepcional artista ecuatoriano, vense sumar ós valiosos fondos do centro que pode presumir de ser o máis importante a nivel europeo. O berro de dor da comunidade indíxena plasmado por Oswaldo Guayasamín na súa serie ‘Emoción’ escoitarase ata finais de abril no museo do gravado de Artes. Esta mañá inaugurábase a exposición composta de vinte litografías que refiren os máis fondos sentimentos humanos plasmados dende unha visión expresionista. As mans e os rostros, cunha estética vangardista, caracterizan a mostra que se pode visitar no museo ribeirense. Un espazo singular, que como destacou a vicepresidenta da Deputación, aspira a divulgar os sesu fondos máis aló das súas instalacións. Ademais das litrografías de Guayasamín, o museo dispón dunha amplísima colección de obras firmadas polos máis destacados grabadores. Auténticas xoias ó alcance de todos.