PORTO DO SON> A conselleira do Mar anunciou en Portosín a apertura do prazo para solicitar axudas para mellorar a seguridade e a eficiencia dos busques pesqueiros. A orde, publicada onte mesmo no DOG, contempla varias liñas para a mellora da habitabilidade das embarcacións, conectividade ou a eficiencia enerxética
As distintas liñas de axuda autonómicas para mellorar a seguridade e eficiencia da flota galega suporán un investimento próximo ós seis millóns e medio de euros cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura. A orde, publicada onte mesmo no DOG, dará cobertura a actuacións para a modernización de buques, instalación de equipos de seguridade, melloras na habitabilidade e conectividade a bordo ou sistemas máis eficientes e menos contaminantes.
O patrón maior de Portosín quixo destacar a importancia desta subvencións para impulsar unha flota máis segura, eficiente e competitiva.
O prazo para presentar as solicitudes é dun mes. Ademais de na sede electrónica, os interesados poden obter máis información nas Oficinas Es.Mar das que dispón a Xunta en distintos puntos do litoral galego.










