A ILLA> As mariscadoras da Illa toman medidas contra o turista furtivo. A agrupación infiltrará garda pescas nas praias para detectar aos ladróns. O vixiantes poderá multar aos infractores no acto.
Cada ano as mariscadoras de toda a comunidade teñen que facer fronte ao furtivismo. A agrupación da illa cansada do dano que isto lle supón toman medidas cada ano para facerlle fronte. Este ano infiltrarán garda pescas nas praias para detectar aos turistas infractores.
Segundo a representante das mariscadoras os turistas que collen ameixas no verán acaban levándose máis que os furtivos o resto do ano. Asegura que o que falta non é información senón concienciación.
O dano que se lle fai as mariscadoras non é só no seu sustento se non que tamén poden causarlles un prexuízo a longo prazo e danar o prestixio deste tan cotizado molusco.
Esta tarde a conselleira Rosa Quintana visitou o posto da campaña “non sexas pirata! Á praia vense a gozar non a saquear” co obxectivo de concienciar aos turistas da ilegalidade que supón a extracción de marisco sen permiso de explotación.