Pontevedra volve homenaxear a Ricardo Portela

PONTEVEDRA> Pontevedra recordará este sábado a un dos seus gaiteiros máis ilustres. Xunta, Deputación e os concellos da capital e de Cerdedo-Cotobade irán da man para conmemorar o vixésimo quinto aniversario do pasamento de Ricardo Portela. Un aniversario que ademáis vén acompañado do lanzamento do disco Aires de Pontevedra, no que o gaiteiro Óscar Ibáñez homenaxea ao músico. Este ano cúmprense 25 do pasamento do gaiteiro Ricardo Portela. Unha efeméride que nin a súa terra natal, Cerdedo-Cotobade, nin a adoptiva, Pontevedra, nin Xunta nin Deputación, quixeron deixar pasar. O venres 24, Cerdedo-Cotobade acollerá ao mediodía unha ofrenda floral no busco do gaiteiro da praza do concello. O 25 será a quenda de Pontevedra, con pasarrúas e coa presentación dunha placa conmemorativa na rúa Laranxo, na casa onde vivía. A partires das 9 da noite, o teatro principal acollerá unha gala homenaxe, na que se presentará o disco ‘Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela 25 Aniversario Pasamento’, do gaiteiro Óscar Ibáñez. No disco Ibáñez contou coa colaboración de músicos que tocaran con Ricardo Portela, e gravou todas as pezas coa gaita do recoñecido gaiteiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/ptac_ricardo_portela_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/ptac_ricardo_portela.mp4{/flowplayer}