A Marea demanda unha escola infantil pública para Noia

NOIA> A Marea Cidadá de Noia volve insistir na necesidade de contar cunha escola infantil pública no municipio. Demandan este e outros servizos de conciliación que favorezan o asentamento de poboación na vila.

Tralo peche dunha das escolas infantís privadas de Noia, a oferta de prazas de educación infantil de 0 a 3 é insuficiente.

Ademais dunha escola pública que viría complementar a oferta privada existente, dende a Marea demandan tamén a mellora doutros servizos básicos para fiar poboación e dinamizar o tecido socieconómico da vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí