EU Barbanza denuncia prácticas abusivas no sector da conserva

    BOIRO> Esquerda Unida do Barbanza denuncia o reiterado incumprimento dos convenios colectivos en diversos sectores laborais. Consideran grave a situación no mundo do mar e, especialmente, na conserva. Dende o exceso de horas en quendas interminables ata o adebedamento de nóminas por parte de empresas que reciben subvencións públicas. Estas son algunhas das cuestións que Esquerda Unida quere poñer de relevancia ante a frecuente violación dos convenios en diversas empresas do sector. Insisten en que a maioría dos traballadores non se atreve a denunciar por medo a represalias e mesmo á perda do traballo. Non é o caso de Juan Manuel que decidiu demandar á empresa na que traballou durante dez anos por despido improcedente. A deputada Eva Solla recolleu as inquedanzas trasladadas polo consello comarcal de Esquerda Unida para levar ó Parlamento o debate sobre as prácticas abusivas en determinadas empresas. Consideran que a administración debe velar polo escrupuloso respecto dos dereitos dos traballadores, especialmente en aquelas firmes que se benefician de fondos públicos.