Éxito de público na apertura da Feira de Oportunidades Viamare

RIBEIRA> Uns 25 comercios, un número semellante ó a pasada edición, participan dende hoxe ata o domingo na Feira de Oportunidades Viamare que organiza a Asociación de Empresarios de Ribeira.

A súa inauguración oficial tiña lugar este mediodía coa presenza de distintas autoridades locais, entre as que se atopaba o propio alcalde Luís Perez Barral.

Un ano máis a Feira está situada na avenida do Malecón.

O seus  horarios serán ininterrompidos, practicamente dende as dez da mañá ata as once da noite.

Ademais dos importantes descontos que ofrecerá cada tenda participante, Viamare contará tamén con diversas actividades paralelas que se desenvolverán ó longo de toda a fin de semana.