Braga tamén se inspira no modelo pontevedrés

PONTEVEDRA> Se onte era unha delegación de Andorra La Vella a que percorría as rúas pontevedresas, hoxe tocou a representantes do concello portugués de Braga. O alcalde de Pontevedra volveu presumir de cidade e das bondades do seu modelo que, segundo aseguraron os portugueses, é un exemplo a seguir. O concello de Braga tamén quere exportar o modelo pontevedrés. Unha delegación percorreu hoxe a cidade para ver sobre o terreo as medidas levadas a cabo polo executivo local, mellorando a coexistencia de peóns e vehículos. Aínda que Braga posúe unha das zonas peonís máis amplas de todo Portugal, Bandeira apuntou que tamén rexistran unha das taxas máis elevadas de crecemento de automóbiles. Datos que os obrigan a equilibrar ambas demandas. Tomar medidas para o calmado do tráfico e invertir as prioridades situando o peón por diante dos vehículos, son algunhas das cuestións que interesaron máis á delegación portuguesa. A visita dos representantes de Braga prodúcese un día despois de que Pontevedra recibira unha delegación de Andorra La Vella, interesados, tamén, en coñecer e exportar o modelo pontevedrés. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/visita_delegacion_braga_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/visita_delegacion_braga.mp4{/flowplayer}